samedi 14 mars 2020

#QuedaNaCasiña

Bo día a todxs! 


Estou escribindo esta entrada dende o salón da miña casa porque obviamente estou coma vós! Como xa sabedes temos que intentar saír do noso fogar o menos posible por solidaridade co resto do país e do MUNDO. Se todxs o facemos ben as posibilidades de acabar con esta crise rapidamente son maiores. Pero... Que podemos facer tantos días metidxs na casa? Aquí tedes algunhas ideas:

1. Fai as tarefas escolares:

Cada un dos profes e profas do centro imos poñernos en contacto con vós por diferentes vías (email, aula virtual, blogs, etc.) e propoñendo actividades para non perder o fío. Pensade que estabamos a piques de comezar cos exames e temos que seguir repasando. 

No meu caso empregarei este blog, os vosos correos electrónicos para manter o contacto e/ou a aula virtual para facer algunha entrega. Non vos preocupedes... Non vos vou cargar de traballo! Pero necesitamos REPASAR. 

  • No caso do meu alumnado de francés: Esta semana podedes ir facendo os exercicios do Cahier d'activités que vos propuxen para repasar (pinchade no voso curso: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO). Ó longo desta semana irei subindo actividades online e exercicios para entregar. Pero repito, non vos preocupedes, nestas dúas semanas non imos ver NADA NOVO. 
  • No caso do meu alumnado de lingua galega: O luns reorganizarei estas semanas e recibiredes por correo electrónico as actividades pertinentes. Estade atentxs!
2. Escoita música:


Imos pasar moitas horas na casa polo que imos ter moooooito tempo para escoitar música de todo tipo. Aproveito esta entrada para recordarvos que temos a nosa playlist de Youtube de francés feita con todas as cancións que propuxéchedes ó principio de curso. Tedes o enlace na barra lateral do blog. 
 3. Ve series e películas:



Por outra banda, imos ter tempo para ver series e películas. Se tedes a sorte de ter Netflix, HBO ou calquera outra conta de contidos ides poder poñervos ó día. Mañá seguramente vos propoña unhas películas e series en francés que me gustaron moito. Que vos parece?


4. Saca do caixón os xogos de mesa:

Non pases todas as horas do día diante do ordenador ou da televisión. Saca as cartas e demais xogos de mesa e pasa un bo rato coa túa familia!

5. Fala coa familia e colabora no que poidas:

Colabora! Axuda no que poidas na casa e sobre todo sé consciente da situación. É momento de ser solidario!



Vémonos na rede!!



PD: Unha última cousa. As entradas relacionadas con este periodo de cuarentena van a estar publicadas nas etiquetas correspondentes de cada curso, coma sempre, e na nova etiqueta feita a propósito para isto. Aquí a tedes:


2 commentaires: