Ola a todxs os de 2º ESO!
Xa estamos rematando o trimestre e polo tanto os exames están a piques de comezar. Non vos preocupedes! O estades levando moi ben. Aínda así, vou deixar por aquí escritas algunhas cousas a ter en conta.
Para ir repasando podedes facer estas actividades do "cahier d'activités" que marcamos.
Obviamente, se tedes algunha dúbida o correximos en clase, senon o entregades o día do exame e o corrixo eu.
Obviamente, se tedes algunha dúbida o correximos en clase, senon o entregades o día do exame e o corrixo eu.
Por outra banda, recordo as datas dos exames e explico un pouco en que poden consistir:
- Expresión escrita: 18 de marzo. Nesta proba pode haber algún exercicio de vocabulario (la maison, la famille) ou de gramática (passé composé, possessifs) PERO o máis importante é a expresión escrita en sí, é dicir, a redacción. Recordade que estudamos francés para COMUNICARSE co mundo. Posibles redaccións: falar da rutina en pasado dun familiar; falar da túa propia rutina en pasado; describir a túa casa, etc.
- Expresión oral: 25 de marzo. Aquí teredes que responder a unha serie de preguntas aleatorias sobre os temas que vimos.
- Comprensión oral e escrita: 24 de marzo.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire