lundi 9 mars 2020

3º ESO: Instrucións para os exames

Ola a todxs os de 3º ESO!  

Xa estamos rematando o trimestre e polo tanto os exames están a piques de comezar. Non vos preocupedes! O estades levando moi ben. Aínda así, vou deixar por aquí escritas algunhas cousas a ter en conta. 



Para ir repasando podedes facer estas actividades do "cahier d'activités":


p. 18 (1, 2); p. 19 (5, 6); p. 20-21 (1,2,3,4,); p. 23 (2, 3); p. 24 (5, 6, 7 pour faire en classe). 


Obviamente, se tedes algunha dúbida o corriximos en clase, senon o entregades o día do exame (ou a última semana de marzo como moi tarde) e o corrixo eu. 

Por outra banda, recordo as datas dos exames e explico un pouco en que poden consistir:

  • Expresión escrita: 18 de marzo. Nesta proba pode haber algún exercicio de vocabulario (grands nombres, tâches ménagères) ou de gramática (passé composé, pronom "y") PERO o máis importante é a expresión escrita en sí, é dicir, a redacción. Recordade que estudamos francés para COMUNICARNOS co mundo. Posibles redaccións: falar da rutina en pasado dun familiar; falar da túa propia rutina en pasado; falar de quen fai as tarefas domésticas na casa, etc.

  • Expresión oral: 25 de marzo. Aquí teredes que responder a unha serie de preguntas aleatorias sobre os temas que vimos. 

  • Comprensión oral e escrita: 24 de marzo. Para practicar podedes botar un ollo ás páxinas 27 e 28 do libro. 

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire