Ola a todxs os de 4º ESO!
Xa estamos rematando o trimestre e polo tanto os exames están a piques de comezar. Non vos poñades nerviosas. Foi un trimestre un tanto "atarefado" e parece que non damos a todo. Non vos preocupedes! Seguide lendo, vou deixar por aquí algunhas cousas a ter en conta.
Para ir repasando podedes facer estas actividades do "cahier d'activités":
p. 42 (1. útil para repasar como dar unha opinión), p. 43 (3), p. 44 (5, 8), p. 45 (1, 2. para repasar a météo), p. 46 (5 futur).
Obviamente, se tedes algunha dúbida o corriximos en clase, senon o entregades o día do exame (ou a última semana de marzo como moi tarde) e o corrixo eu.
Por outra banda, recordo as datas dos exames e explico un pouco en que poden consistir:
- Expresión escrita: 23 de marzo. Nesta proba pode haber algún exercicio de vocabulario (la météo) ou de gramática (passé composé, futur, pronoms démonstratifs) PERO o máis importante é a expresión escrita en sí, é dicir, a redacción. Recordade que estudamos francés para COMUNICARNOS co mundo. Posibles redaccións: dar unha opinión sobre un programa televisivo, contar unha anécdota en pasado, falar do tempo atmosférico, etc.
- Expresión oral: 27 de marzo. Aquí teredes que responder a unha serie de preguntas aleatorias sobre os temas que vimos.
- Comprensión oral e escrita: 26 de marzo.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire