Ola a todxs os de 1º ESO!
Xa estamos rematando o trimestre e polo tanto os exames están a piques de comezar. Non vos preocupedes! Imos pasiño a pasiño... Aínda así, vou deixar por aquí escritas algunhas cousas a ter en conta.
Para ir repasando podedes facer as actividades do "cahier d'activités" das unidades correspondentes. Obviamente, se tedes algunha dúbida o correximos en clase, senon o entregades o día do exame e o corrixo eu.
Por outra banda, recordo as datas dos exames e explico un pouco en que poden consistir:
- Expresión escrita: 18 de marzo. Nesta proba pode haber algún exercicio de vocabulario (les nombres, les mois, les adjectifs, actions ou activités quotidiennes) ou de gramática (présent, négation) PERO o máis importante é a expresión escrita en sí, é dicir, a redacción. Recordade que estudamos francés para COMUNICARNOS co mundo. Posibles redaccións: presentar a un amigo ou amiga e falar dos seus gustos e das súas actividades de lecer (ver páx. 27), facer unha presentación de ti mesmo/a (a túa idade, o teu número de teléfono, os teus gustos, o teu cole, etc.), etc.
- Expresión oral: 25 de marzo. Coidado porque houbo un cambio de data! Aquí faredes un pequeno diálogo cun compañeiro ou compañeira facendo preguntas que vimos en clase.
- Comprensión oral e escrita: 23 de marzo.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire