dimanche 15 mars 2020

Eu recomendo: Pelis e series (1)

Bo día!


Como estades levando o recrutamento na casa? Despois das indicacións de onte, hoxe propóñovos unha lista de pelis e series en francés. Se vos sentides con ánimo podedes velas en versión orixinal e subtituladas en castelán (senon en castelán, claro). O que si, saquei todos os títulos de Netflix.


1. Plan coeur (Amor ocasional en castelán): 

Esta serie é a segunda producida por Netflix Francia despois de Marseille (unha serie que trata a corrupción en Marsella). Son dúas tempadas que contan as peripecias sentimentais dun grupo de amigas de Paris. 

Sinopse: Charlotte e Emilie contratan a un acompañante masculino coa esperanza de que Elsa, a eterna solteira, encontre o amor e recupere a confianza en si mesma. 

O que máis me gustou desta serie é que está ambientada en París, cidade da que estou namorada e empregan un vocabulario moi cotián, como o verlan. Se queredes saber que é iso do "verlan", dicídemo nos comentarios e explícoo.



2. Le bazar de la charité (El bazar de la caridad en castelán): 

Esta serie francesa está inspirada en feitos reais e ambientada no París de 1897. Conta a historia de tres mulleres que sofren un devastador incendio. Nesta serie hai enredos amorosos, traicións e enganos. Un dramón, vaia, vaia! 

A min persoalmente encantaronme o vestiario e a actuación de Audrey Ferot, a súa protagonista. Por certo, é unha actriz moi famosa, podedes buscala! 


3. Mytho

Recoñézoo... Vin esta serie en MOI POUCO TEMPO. É unha comedia francesa que conta con humor negro unha mentira que se fai bóla. A protagonista é unha nai, cansada do seu traballo e infravalorada pola súa familia (ten tres fillos) que sospeita que o seu marido a está enganando. Por esta razón, decide finxir unha enfermidade para chamar a atención. E non conto máis! Non quero facer spoilers.

Penso que destas tres primeiras pode ser a que máis vos guste. 

4. Le jeu (El juego en castelán)


Agora tráiovos unha película que seguramente xa vos soe porque temos a versión española (Perfectos desconocidos de Álex de la Iglesia). 

Neste filme varias parellas xogan a un xogo durante a cea. Todos teñen que compartir cada mensaxe de texto, chamada teléfonica ou correo electrónico que lles chegue. O xogo pronto se converte nun pesadelo xa que saen multitude de segretos a frote. Gustoume pero sinceramente... Creo que é mellor a española. 

5. Mauvaises herbes (Mala hierba en castelán)


Non o vou negar, esta película fíxome chorar e pensar. A historia céntrase en Waël, un estafador cuxa vida cambia cando se ve obrigado a traballar como mentor para un grupo de adolescentes que se enfrontan á expulsión da escola. Como na serie de Plan coeur, hai moita linguaxe coloquial. 







Que vos parecen? Vístedes algunha? Comentade! 

3 commentaires:

  1. Réponses
    1. Pois se tes a sorte de ter Netflix, adiante! Queres facer ti unha recomendación, Uxía?

      Supprimer
    2. non teño Netflix e non teño ningunha recomentación.

      Supprimer