mercredi 15 septembre 2021

C'est la rentrée!

Benvido a todo o alumnado de Francés do CPI Plurilingüe Virxe da Cela! 


Hoxe damos comezo ás clases e eu non podo estar máis contenta de volver a ver esas caras tan coñecidas! Para os novos, benvidos e espero que esteades preparados para aprender e pasalo ben. Unha lingua SEMPRE suma 💜.

O primeiro cambio que ides notar é a nosa fermosa aula nova. Este ano imos poder gozar dunha aula de idiomas tanto para inglés como para francés. Un luxo que nos axudará no noso día a día! 


Velaquí vos deixo un resumo cos puntos que iremos tocando nas presentacións destes días: 

  1. A aula virtual: O noso espazo en liña onde iremos publicando documentos importantes da materia, actividades extra, vídeos explicativos, enlaces útiles, calificacións... E todo o que se nos vaia ocorrendo!  Este ano repetimos a nosa tarefa semanal do "Personnage mystérieux", por suposto! 
  2. O material necesario: libro e caderno (normas do caderno).
  3. Autorizacións: Nos grupos de 3º e 4º ESO poderemos empregar de maneira extraordinaria o teléfono móbil. Obviamente, sempre coa autorización das vosas familias. 
  4. Normas da clase: Isto non é o exército pero ben sabedes que sen unhas normas mínimas de aula é imposible aprender. Necesitamos un bo entorno para aprender!
  5. Avaliación inicial. 
  6. Avaliación da materia: O teredes explicado na aula virtual pero verémolo na clase estes días. 
  7. Proxecto de correspondencia. 

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire