mardi 1 juin 2021

Vive la Francophonie !

O pasado 20 de marzo o alumnado de francés conmemorou a festa da Francofonía facendo unha homenaxe á lingua gala. 

O produto final deste proxecto foi unha serie de pancartas onde as rapazas e rapaces plasmaron a súa viaxe a través de diversas personalidades, de costumes de países moi diferentes e de curiosidades deste mundo tan amplo. Houbo algún que incluso se sorprendeu ó descubrir que se fala francés en todos os continentes do planeta ! Mais... Bien sûr ! 

Con isto, a profesora quixo recordarlles, unha vez máis, a importancia de aprender unha lingua estranxeira, sexa a que sexa. Axuda a abrir a mente, a ser máis respectuoso co diferente e a aprender a convivir nun entorno cheo de pluralidade. 



Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire