jeudi 4 juin 2020

On a reçu nos premières lettres!

Durante o primeiro trimestre, os alumnos e alumnas do CPI Virxe da Cela comezaron unha correspondencia cun pequeno centro da Bretaña francesa. 

Como podedes ver nesta entrada, foron os galegos os encargados de comezar esta andaina epistolar que, por desgraza, veuse truncada polo estado de alarma no que aínda vivimos hoxe. 

Porén, puidemos recibir e ler as primeiras cartas dos franceses pouco antes do encerro. Foi moi emocionante e incluso divertido ver como escribían os nosos correspondentes. Había de todo, a que si?

Os rapaces e rapazas de Monfero esforzáronse e volveron responder, esta vez, a través do email. Agora toca esperar outra vez! Temos que ter en conta que a comunidade educativa francesa tivo que voltar ás aulas e non está sendo unha tarefa doada para ninguén... Teñen que seguir moitos protocolos de hixiene e non sei ata que punto poden traballar correctamente. 

Oxalá non acabe aquí a nosa experiencia ! 

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire