lundi 15 juin 2020

Chegou a despedida...

Bo día a todos e a todas!

Sen saber moi ben como, chegou o final da nosa andaina neste curso tan accidentado. Ó mellor todavía non somos conscientes, pero acabamos de vivir un momento que poderiamos considerar histórico. Pasamos case tres meses sen poder saír das nosas casas e saímos adiante sobrevivindo como campións e campioas! 

Persoalmente penso que é bo facer un balance de todo o ano, e sobre todo, do noso confinamento. Do que aprendimos e do que queremos aprender a partir de agora. Eu fágoo cada vez que remato un curso e axúdame a dárme conta da miña evolución. E vós, queredes facelo? 

Creei esta pequena infografía para compartir un anaquiño de min convosco. Que vos parece? Compartides algo? Animádevos a reflexionar sobre vós mesmos/as? 
Estou segura de que houbo momentos nos que vos sentistes un pouco perdidos/as, é normal! Sodes uns e unhas superviventes! 

Por outra banda, ó final de curso gústame facer unha pequena enquisa entre o meu alumnado para poder mellorar a miña práctica docente. Como este ano non imos poder despedirnos en persoa, vou compartir por aquí un cuestionario. Obviamente non é obrigatorio pero coñecer a vosa opinión axúdame moito. Vai ser totalmente anónimo polo que podedes ser totalmente sinceros/as!! 

Preme no debuxo para facer a enquisa:


Volva ou non ó Xestal o curso que vén, sempre recordarei este ano con moito agarimo. Oxalá o sentimento sexa recíproco! 

Sede felices

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire