mercredi 8 avril 2020

Défi: On fait sauter la crêpe!

Bo día a todos e a todas!

Como estades? Espero que levedes a corentena o mellor posible! Eu intento facer unha morea de cousas para manterme ocupada e por iso, decidín propoñer un pequeno reto dende o departamento de francés a todo aquel que queira participar. Isto vai para todos vós! Falo de todo o alumnado do centro, do profesorado, dos traballadores non docentes, das familias e mesmo dos exalumnos e exalumnas! 


Como ben sabedes, o pasado febreiro puidemos probar as crêpes no centro durante o día da Chandeleur. Como tivo tanto éxito ocorréuseme volver a facelas... Pero na distancia. Oooooooh! 

Non vos preocupedes! Propoño o reto (ou challenge como din os modernos) de facer vós mesmos as crêpes nas vosas casas e darlle a volta na tixola! Ollo! Non é tan fácil como parece. 

Eu fíxenas hoxe mesmo e para que vexades que é ben certo, preparei este vídeo caseiro:



Neste vídeo podedes ver a miña receita, pero non é a única. Hai moitas máis! Por exemplo, aquí tedes dúas que compartín hai uns meses e senón en internet seguro que encontrades milleiros delas.  
Para saber se fixéstedes o reto podedes mandarme unha foto ou un vídeo por email (aprofelora@gmail.com) e os publicarei por aquí. Parécevos ben?

Entón... Presumimos de "toque de tixola"? Animádevos!  

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire