lundi 30 décembre 2019

Descargable: taboleiro de verbos en galego

Ola a todxs! 


Que tal? Escribo esta entrada en galego porque vai dirixida a vós, profes e profas de GALEGO. Para os que non me coñezades, eu son profe de francés pero este ano tocoume dar tamén lingua en 1º e 3º da ESO. Como son novata empecei a buscar información na rede e o certo é que non atopei moitos recursos polo que me puxen a facer algunha cousiña... 

Miguel Anxo Prado
Quero compartir con vós o meu primeiro material, algo moi sinxelo pero que pode servirnos para practicar os verbos (ai, os verbos!) dunha maneira un pouco máis lúdica. Trátase dun taboleiro no que os rapaces teñen que ir avanzando e conxugando os verbos que vaian saído na persoa que indica o dado. Como o dado ten 6 caras é doado saber a que persoa corresponde! 

O taboleiro ten a mesma estrutura co tradicional xogo da Oca polo que os alumnos xa están familiarizados con el. 

Para descargar o xogo podedes premer AQUÍ e, se vos interesa ter o meu montón de verbos para practicar AQUÍ o tedes. 


Que vos pareceu? Se sodes profes de galego e vos apetece compartir recursos aquí estou! Sabedes dalgún blogue ou páxina que mereza a pena? 

1 commentaire:

  1. Moitas grazas pola axuda con esta actividade! Merci beaucoup!

    RépondreSupprimer